O DOG de hoxe publica as bases destas axudas para investimentos destinadas ás asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia, coa finalidade de contribuír a mellorar a calidade da vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal. .
DOTACIÓN ORZAMENTARIA: 3M €.
IMPORTES SUBVENCIONABLES:
- Liña 1 (obras): máximo 12.000 € por solicitude.
- Liña 2 (investimentos) máximo 5.000 € por solicitude.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Dende o 30/01/2024 ao 29/02/2024.
- As entidades deberán estar inscritas no Rexistro de Asociacións de Galicia e conter na súa denominación a identificación como asociación de veciños, federación, confederación ou unión de asociacións de veciños ou como asociación de mulleres rurais, segundo o caso.
- As comunidades de usuarios de augas deberán estar legalmente constituídas e inscritas no libro do Rexistro de Augas.
REQUISITOS:

+ información: Dirección Xeral de Administración Local: 981 546 579 ou https://sede.xunta.gal -> procedemento PR487A