MENÚ

Os Servizos sociais de Carballeda de Avia ten, entre as súas prioridades, a implicación dos colectivos máis desfavorecidos e en risco de exclusión social así como favorecer a súa inserción no tecido social do municipio.

IMV

O Ingreso Minimo Vital é unha prestación Social da Seguridade Social que ten por obxectivo garantir un mínimo de ingresos económicos nas unidades familiares de escasos recursos.

RISGA

A Renda de Integración Social de Galicia é unha prestación social que garante uns recursos económicos mínimos necesarios para garantir a subsistencia de quen careza de ingresos a través dun proxecto personalizado de inserción que favoreza a súa autonomía persoal, familiar e económica.

EMERXENCIA SOCIAL

É unha axuda económica extraordinaria e de pagamento único para paliar situacións de emerxencia que orixinen gastos extraordinarios para necesidades básicas e urxentes.

PLAN INCLUSIÓN

Co obxectivo de favorecer a súa inclusión no mercado laboral, realízase a derivación ao devandito Programa de todas aquelas persoas que se encontren en risco de exclusión social.

PROGRAMA DE AXUDA ALIMENTARIA

Serán incluídas todas aquelas familias que acrediten escasos recursos económicos para facer fronte aos gastos derivados da súa alimentación.

TARXETA MOEDEIRO

Tratase dun recurso de nova incorporación, que se xestiona en colaboración coa Cruz Vermella. Como o seu nome indica é unha tarxeta para axuda en compra de alimentación e farmacia en casos de precariedade económica.