MENÚ

TELÉFONO EMERXENCIAS: 112

Teléfono: 988 487 000
Móbil: 608 018 899
WhatsApp: Enviar Whatsapp – 608 018 899

A AVPC do Concello de Carballeda de Avia leva operando dende o ano 2003 grazas a altruísta e incansable labor dos seus voluntarios. Nos primeiros anos o propio Concello dotouna de material ao que pronto se sumou un camión autobomba urbano. Na actualidade, con moito esforzo e perseverancia conseguiuse ampliar o parque móbil así como o material e ferramentas necesario para presentar un mellor servizo. As últimas incorporacións foron un vehículo pick-up, un remolque de emerxencias e un esparelledor de sal.

Email: [email protected]
Ubicación: Rúa Castelao, Nº4, 32412 Carballeda de Avia, Ourense.

Esto sumado ao gran equipo humano que posuímos fai que en todo o Concello se atenda en tempo récord calquera tipo de incidencia. O cadro de voluntarios leva na memoria momentos moi bos de compañeirismo e outros moi difíciles relativos ao servizo e que gardan na retina con agarimo e entusiasmo. Animámosvos a que vos sumedes ao noso equipo pedindo información na casa do Concello