MENÚ

Formularios de solicitude de información nos PIC

*Para poder visualizar os formularios de solicitude en formato PDF, necesita ter instalada unha versión de Adobe Reader 5.0 ou posterior, si non é así, pode descargar unha versión actualizada dende a web de Adobe Reader Abre en ventana nueva.

Formulario de solicitude de datos polo titular catastral.

Formato PDF Editable

Formulario de solicitude de datos por un representante do titular catastral.

Formato PDF Editable

Modelo de autorización do titular catastral.

Formato PDF Editable

Ligazóns recomendadas

Sede Electrónica del Catastro

Portal de la Dirección General del Catastro

Punto de Información Catastral (PIC)

O Concello de Carballeda de Avia, dende o ano 2005, ten autorizado o establecemento do Punto de Información Catastral (PIC), coa finalidade de dar resposta á crecente demanda de información catastral ós titulares que non dispoñen dos medios técnicos apropiados, ofrecendo ó cidadán tódalas vantaxes da Oficina Virtual de Catastro sen máis que a solicitude do servizo.

Acceso á Información catastral

O PIC do Concello de Carballeda de Avia ten un papel intermediador no exercicio do dereito de acceso á información catastral do cidadán, ó que poderá subministrar tódala súa información actualizada existente na base de datos nacional, mediante a xeración de documentos no que conste a data de expedición máis un código electrónico que permita a comprobación da súa integridade e autenticidade, e gozarán de plena validez e eficacia.

Servizos

Dende calquera PIC o titular catastral, por si ou mediante representación, e con só a presentación do seu DNI, pode acceder ós seguintes servizos, de xeito totalmente gratuito:

  • Consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
  • Consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais dos datos protexidos, relativo ós bens inmobles da súa titularidade. Si algún titular no pode acercarse en persoa ó concello poderá autorizar a un representante para obter os seus datos.

O PIC do Concello de Carballeda de Avia atende as demandas de información catastral no seu horario habitual de luns a venres, de 9:00 á 14:30 horas.