Xuntos pola reciclaxe, Xuntos por un concello mais sostible.
Con motivo da celebración do día do medio ambiente, durante ésta semana leváronse a cabo distintas actividades orientadas á sensibilizacion ambiental e á mellora da xestión sostible dos residuos no noso concello.
Entre as actuacións realizadas, efectuouse a revisión dos composteiros individuais entregados nos diferentes núcleos de poboación , co obxetivo de comprobar o seu correcto funcionamento , resolver dúbidas e reforzar as boas prácticas de compostaxe entre as persoas usuarias.
Así mesmo , o día 4 de xuño, desenvolveuse unha acción formativa sobre a xestión dos residuos municipais no pobo de Abelenda das Penas e Villar de Condes , na que se abordaron aspectos relacionados coa separación en orixe, a reciclaxe e a importancia da colaboración cidadá para avanzar cara a un modelo mais sostible e respetuoso co medio ambiente.
Dende o Concello queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as veciñas e veciños que participaron nestas actividades. A súa implicación , compromiso e colaboración son fundamentais para acadar os obxetivos ambientais que compartimos como comunidade. Sen a participación activa da cidadanía , iniciativas como estas non serían posibles nin terían o mesmo impacto positivo.
Animámosvos a seguir colaborando e participando nas accións que se impulsen no futuro, por que o coidado do noso medio ambiente é unha responsabilidade compartida e unha tarefa na que cada pequeno xesto conta. MIL GRAZAS..
