MENÚ

O gran compromiso do Concello de Carballeda de Avia na conservación do medio ambiente faise patente na súa xestión dos servizos municipais. Nos últimos anos dito compromiso consolidase coa adhesión no ano 2019 ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a aprobación do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES). Este documento analiza a situación medioambiental do Concello a partir dun ano de referencia e establece obxectivos para reducir a emisión dos gases invernadoiro nun 40% de cara ao ano 2030.