MENÚ

Somos conscientes das dificultades que implica formar parte deste colectivo nun Concello rural. Marcamos como unha das nosas prioridades ofertar actividades e recursos para este colectivo co obxeto de que todos os mozos e mozas do noso concello teñan igualdade de oportunidades ca calquer outro mozo de Galicia.

BIBLIOTECA

Contamos cunha biblioteca publica á disposición de todos os mozos que queiran facer uso da mesma. Aquí tamén contan con ordenador con acceso a Internet

ACTIVIDADES DE OCIO E TALLERES

Levamos a cabo actividades que fomenten un ocio saudable entre os nosos mozos e fomenten o contacto e interrelación social entre o grupo de iguais. Queremos levar a cabo talleres e actividades que desaperten o interese deste colectivo e fomenten a súa implicación na vida comunitaria do concello.