Este mes de Marzo en Carballeda de Avia reivindicamos e celebramos dúas datas sinaldas no calendario:
– 8M : Día Internacional da Muller Traballadora
– 30 M: Dia da Traballadora do Fogar.
Así outro ano máis realizaremos o Roteiro para e das mulleres, como un xeito de reivindicación e de xuntanza nosa, rematando cun xantar todas xuntas.
Programación:
– Ás 10.30 diante do Concello para reparto de dorsais e entrega de agasallos as participantes.
– Ás 11 saída diante do Concello de Carballeda de Avia.
– Ás 13 horas: chegada ao colexio (souto) de Santo Estevo de Nóvoa onde xantaremos.
Ás 14 horas: Xantar das mulleres (anotarse previamente)
Posteior á xuntanza e xantar asistiremos á gravación pola Radio Galega ás mulleres de Santo Estevo de Nóvoa e o seu xogo tradicional feminino da Bugalliña.






Anótate e desfruta da xornada de convivencia das mulleres de Carballeda de Avia.
Añadir un título
