O vindeiro xoves, día 5 de novembro de 2026 terá lugar unha reunión informativa para a veciñanza de Muimenta na que Adrián Moreira Alonso (técnico forestal do Concello de Carballeda de Avia) explicará o proxecto ACTIVAVERDE (Planificación, boas prácticas e impulso da bioeconomía agraria para o fortalecemento da Infraestrutura Verde de Galicia e a adaptación ao cambio climático).
O proxecto consiste na creación dun Espazo Agrario de Experimentación para horta ecolóxica.
Esta iniciativa conta co apoio da Fundación Biodiversidad e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), a través do cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Esta reunión informativa terá lugar ás 19:00 horas na cociña comunitaria de Muimenta.