MENÚ
11/02/2026 Info

SUBVENCIÓNS EN MATERIA DE AUGAS

O BOP do venres 6 de febreiro publica as bases dos seguintes procedementos:

– PRAZO DE SOLICITUDES: 16/02/2026 09:00 horas – 16/03/2026 14:00 horas

– CONCORRENCIA NON COMPETITIVA

  • AU232A: comunidades de usuarios
  • ACTUACIONS SUBVENCIONABLES
    • No ámbito das captacións:
      1º. Obras de mellora nas arquetas de captación e os seus elementos.
      2º. Obras de mellora da protección do pozo de captación.
      3º. Instalación de selos sanitarios nos pozos de captación.
      4º. Obras para mellorar os perímetros de protección das captacións.
    • No ámbito dos sistemas de tratamento da auga:
      1º. Obras de mellora nos sistemas de filtración e decantación.
      2º. Instalación ou obras de mellora de sistemas de desinfección e de recirculación.
      3º. Instalación ou obras de mellora da eficiencia enerxética no tratamento da auga.
    • No ámbito das infraestruturas de almacenamento da auga antes da súa subministración:
      1º. Obras de mellora nos depósitos e os seus elementos.
      2º. Instalación ou obras de mellora de rexistros de distribución, obras na cámara de chaves, válvulas de control de enchedura para evitar desbordamentos e sectorización.
    • No ámbito dos dispositivos de medición de caudal, serán subvencionables os caudalímetros ultrasónicos, electromagnéticos ou contadores mecánicos localizados nos seguintes puntos:
      1º. Antes da entrada á estación de tratamento de auga potable (ETAP), nas estacións de potabilización ou nos depósitos de auga tratada.
      2º. Nos puntos de subministración de auga.
  • CONTÍA DA AXUDA
    • Máximo 80% do investimento-> máximo 15.000 por solicitude.
    • IVE subvencionable.

 

  • AU300C: renovación de sistemas de saneamento
  • ACTUACIONS SUBVENCIONABLES
    • Que os sistemas de depuración autónomos se sitúen no ámbito territorial de Galicia.
    • Que as augas residuais procedan de vivendas unifamiliares.
    • Que os rendementos de depuración que se pretende acadar coas instalacións de depuración ou as porcentaxes mínimas de redución cumpran unha serie de valores, ben referidos ao límite de parámetros ou ben referidos á porcentaxe mínima de redución.
    • Que o volume de almacenamento total sexa igual ou maior a 2 metros cúbicos e que teñan, como mínimo, 2 cámaras.
    • Que, cando resulte exixible para a obtención da autorización de vertedura, o sistema dispoña da preceptiva marcación CE conforme coa norma UNE-EN 12566, ou norma que no futuro a substitúa.
    • Que a vertedura se produza por infiltración no terreo mediante un sistema de evacuación subterráneo.
    • Que estean instalados a máis de vinte metros dunha captación subterránea, consonte o disposto no artigo 23.3.a) da normativa do Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia Costa, aprobado polo Real decreto 48/2023, do 24 de xaneiro.
  • CONTÍA DA AXUDA
    • 100% do investimento-> máximo 4.000 por solicitude.
    • IVE subvencionable só no caso de que non sexa recuperable pola persoa beneficiaria.

 

– MEDIOS DE CONTACTO:
Augas de Galicia:

– sede electrónica Xunta de Galicia:

 

Enlace ás bases reguladoras: