O pasado 30 de abril, os amigos de Senderismo Galego Club viñeron ata o noso concello para gozar dunha xornada de senderismo polas nosas terras.
Compartimos con eles impresións e pareceres da xornada e das paisaxes coas que se ían atopar neste percorrido.
Para que a ruta lles resultase máis «gustosa e amena», Antoxos Catering preparoulles un delicioso picnic co que estamos seguros que o camiño xe lles fixo máis levadeiro.
Agardamos contar con eles en máis ocasións.
Seguiremos traballando en facer das nosas rutas un referente no ámbito galego.
A continuación móstranse fotografías do grupo, cedidas por Senderismo Galego Club.