MENÚ
29/02/2024 Info

PROGRAMA MÍMATE: TERMALISMO CONTRA A SOIDADE 2024

Outro ano máis o Concello de Carballeda de Avia, en colaboración coa Deptuación de Ourense, realízamos o convenio para levar a cabo durante o ano 2024 unha nova edición do Programa Mímate: Termalismo contra a soidade 2024.

Poderán ser beneficiarios da activdade todos aquelas persoas empadroadas do Concello de Carballeda de Avia que cumpran os seguintes requisitos recollidos no BOP nº 22 con data de 30 de Xaneiro de 2024, onde se especifica:

  • Idade: maior de 50 anos
  • Non padecer enfermidade ou contraindicación médica
  • Persoas válidas para as actividades da vida diaria
  • Ter asinada a solicitude a través do Concello.

CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA:

  • 6 meses de duración, cun custe de 19.83 euros/mes por persoa (a pagar a cuantía total no Balneario de Cortegada, de 119 euros)— O CUSTE REAL DO PROGRAMA SON 204EUROS, A DEPUTACIÓN FINANCIA 85 EUROS POR PERSOA
  • Comezo en Abril
  • DATAS: Mércores ou xoves de 16.00 a 18.00
  • O CONCELLO INCLÚE O TRANSPORTE GRAUITO AO BALNEARIO (CON SAÍDA ÁS 15.30 DO CONCELLO, E CHEGADA AS 18.30 AO CONCELLO.)

REUNIÓN INFORMATIVA O XOVES 7 DE MARZO ÁS 11.00 NO CONCELLO.

SE PRECISAS MÁIS INFORMACIÓN OU ANOTARTE CHAMA AO 988487000 OU AO 649234745. Programa Termalismo Deputación – Cartel CARBALLEDA DE AVIA A3