MENÚ
03/05/2023 Info

Melloras de eficiencia enerxética en Carballeda de Avia

A Xefa de Área Provincial do IGVS en Ourense, comunicou que a Xunta de Galicia adxudicou, por un importe de 208.725 €, as obras de reforma e mellora de eficiencia enerxética de 11 vivendas de promoción pública de Carballeda de Avia.

A execución correrá a cargo da UTE Arco Labora Servizos da Construción SLU–Hondigo SLU, que resultou adxudicataria do contrato e disporá dun prazo de 6 meses para completar as referidas obras.

En concreto, os traballos consistirán na incorporación de illante térmico na fachada exterior co fin de mellorar a eficiencia enerxética deste conxunto de vivendas de promoción pública, que se distribúen en tres bloques de 3, 4 e 4 vivendas, respectivamente.

Responsables da Administración autonómica valoran que con estas obras de inmediata execución, a etiqueta enerxética destas vivendas subirá dúas letras, de E a D, tal e como indican.