MENÚ
11/09/2024 Info

IV XUNTANZA IDADE DE OURO – 29/09/2024

Este ano o Concello de Carballeda de Avia retoma as xuntanzas de maiores coa IV Xuntanza IDADE DE OURO, cunha comida dirixida a veciños e veciñas maiores de 65 anos que estean empadroados no noso  municipio.

O evento celebrarase no pavillón de deportes de Abelenda das Penas o vindeiro domingo día 29 de setembro.

As persoas interesadas en participar deberán retirar persoalmente a súa entrada no edificio consistorial ata o día martes 24 de setembro.

Haberá servizo de transporte dende as distintas parroquias, para quen o necesite. O horario do transporte comunicarase con antelación en disposición das necesidades.

Máis información e bases -> 988487000.

PROGRAMA:

  • 13:00 – Misa con coro oficiada polo noso sacerdote D. Serafín Fernández. Contará coa presencia do Excmo. e Rvdmo. Sr. Bispo da Diócese de Ourense D. Leonardo Lemos.
  • 14:00 – Xantar de confraternización. Contará co seguinte menú:
    • pulpo con cachelos
    • carne ao caldeiro
    • postres
    • bebidas
    • cafés
    • chupitos

A xuntanza estará amenizada por un grupo musical.