MENÚ
22/03/2023 Info

II ROTEIRO POLAS MULLERES VENRES 31 DE MARZO

Este mes de Marzo en Carballeda de Avia reivindicamos e celebramos dúas datas sinaldas no calendario:
– 8M : Día Internacional da Muller Traballadora
– 30 M: Dia da Traballadora do Fogar.
Así outro ano máis realizaremos o Roteiro para e das mulleres, como un xeito de reivindicación e de xuntanza nosa, rematando cun xantar todas xuntas.
Programación:
– Ás 10.30 diante do Concello para reparto de dorsais e entrega de agasallos as participantes.
– Ás 11 saída diante do Concello de Carballeda de Avia.
– Ás 13 horas: chegada ao colexio (souto) de Santo Estevo de Nóvoa onde xantaremos.
Ás 14 horas: Xantar das mulleres (anotarse previamente)
Posteior á xuntanza e xantar asistiremos á gravación pola Radio Galega ás mulleres de Santo Estevo de Nóvoa e o seu xogo tradicional feminino da Bugalliña.
🟣🟣Anotarse antes do Martes 28 de Marzo no 988487000 ou no Concello.
🟪🟪Inscripción 5 euros (para a andaina e comida)
💜💜 Haberá servizo de autobús para quen o precise, para o transporte a Santo Estevo de Nóvoa e para regresar ás 17 horas a Carballeda de Avia.
Anótate e desfruta da xornada de convivencia das mulleres de Carballeda de Avia. Añadir un título