MENÚ

I CONCURSO DECORACION DO NADAL

Das fachadas das casas e negocios do Concello de Carballeda de Avia.

 

Este Concurso nace co obxectivo de  incentivar a creatividade da veciñanza do municipio, participando e colaborando na decoración das fachadas, balcóns, fiestras, xardíns, escaparates… creando así un ambiente artístico e tradicional que transmita o espíritu festivo e tamén crear un novo foco de atención para os visitantes do noso Concello.

Os adornos e decoracións deberán ser típicos do Nadal.  A zona elixida para ser decorada ten que ser totalmente visible dende a vía pública. Os elementos decorativos terán que situarse sobre as fachadas, balcóns, fiestras, xardíns, escaparates… sen causar ningún tipo de perigo ou prexuízo ás persoas e os bens, e non poderán ocupar as vías de circulación.

INSCRICIÓN:

Poderánse inscribir tódas aquelas persoas empadrodas no Concello de Carballeda de Avia entre o mñercores 13 de Decembro e  mércores 27 de Decembro, enchendo a inscrición no concello de xeitro presencial ou remitíndoa por correo electrónico ao correo: [email protected].

Podes recoller a inscrición no Concello, na Biblioteca ou descargando no enlace de máis abaixo.

PREMIOS

  • Haberá agasallos para tódolos participantes do concurso.
  • Premios para 4 categorías: Global , Máis Orixinal, Millor Iluminiación e Mellor Calidade Artística

VALORACIÓN DOS PARTICIPANTES

A comisión de valoración visitará ás fachadas participantes ata o 2 de Xaneiro, para emisión do fallo o día 3 de Xaneiro.

ENTREGA DE PREMIOS

Entregaránse os premios o día 5 de Xaneiro, ao remate da cabalgata e a entrega de agasallos dos reis aos cativos e cativas do Concello.

As decoracións deberán estar expostas ata o 6 de Xaneiro, de 19h e 22horas como mínimo, tódolos días da semana.

 

 

CONSULTA AS BASES DO CONCURSO NO SEGUINTE ENLACE:

Bases concurso nadal

PODES DESCARGAR A INSCRICIÓN DO CONCURSO PREMENDO NESTE ENLACE:

INSCRICIÓN

, , , ,