MENÚ
16/05/2024 Info

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024 : LUíSA VILLALTA

Cada 17 de Maio dende 1963 celébrase  o Día das Letras Galegas.

Este ano adícaselle a Luísa Villalta Gómez (1957-2004) escritora,filóloga e violinista.

Luísa Villalta traballou divulgando cultura,costumes e pondo en valor a lingua galega tanto nas súas obras literarias como  profesora de instituto.

Isto é poesia, un ruido provocado.
Non ornamento, arabesco para as pontas dos dedos:
inecesários encaixes para a alma dormir ou sentir
a levedeza da onda cando apenas chega a romper.
Provocación de boca con fame, isto.
E a fame adormece
ou reclama.
Fronte á rutina, o rito da palabra tensa a pel
do mundo: un tambor que desperta. A pel estremece-se
porque recoñece a morte que baila fóra da tumba.
Isto é tamén unha muller que resiste

(En concreto, 2004)

Dende a Biblioteca Pública de Carballeda de Avia reivindicamos a súa labor polas nosas letras.

SEMPRE EN GALEGO

, , , , , ,