MENÚ
23/11/2022 Info

CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMESTICA DO CONCELLO DE CARBALLEDA DE AVIA

CARPA INFORMATIVA-APÚNTATE Á COMPOSTAXE

CARPA INFORMATIVA SOBRE COMPOSTAXE DOMESTICA NO CONCELLO DE CARBALLEDA DE AVIA

Colocarase unha CARPA INFORMATIVA , dia 28 de novembro de 2022 na Praza da Alameda en Carballeda de Avia

No seguinte horario de 10:30 a 13:30h para que os veciños e veciñas se poidan informar e inscribir na mesma.

A campaña está ideada para a participación de 70 vivendas que recibirán un composteiro de forma GRATUITA.

Os interesados poderán inscribirse ben na propia carpa informativa ou nas oficinas municipais, presencial ou de forma telefónica no número 988 48 70 00

Iniciativa en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente , Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia- marco do Plan de recuperación , transformación e resilencia , financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU-, e complementa a outras iniciativas desta índole desenvolvidas polo ente municipal.