MENÚ
21/04/2023 Info

BANDO TDT

D. Luis Milia Méndez, Alcalde-Presidente do Concello de Carballeda de Avia (Ourense),

FAI SABER:

Que, segundo nos informan dende a entidade LLEGA700, está previsto que a semana que ven se produza o aceso da antena de nova xeración.

Debido a esta mellora nas comunicacións, poden ter lugar interferencias á hora de visualizar as canles da Televisión Dixital Terrestre (TDT).

De ocorrer isto, os veciños e veciñas que teñan problemas poden chamar ao teléfono de atención gratuíta 900 833 999 para que un técnico acuda, de forma particular, a cada vivenda para instalar un filtro que elimine estas interferencias.