MENÚ
05/09/2024 Info

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/2025 DO CONCELLO DE CARBALLEDA DE AVIA

Dende o Concello de Carballeda de Avia, sendo conscientes do gasto que supón o novo curso escolar para todas as familias, volvemos ofertar axudas para adquisición de material didáctico e escolar para os nenos e nenas do CEIP de Pena Corneira, do 2º Ciclo de Infantil (cursos que quedan fóra das axudas ofertadas pola Xunta de Galicia).

 

De tal xeito, os interesados poden facer a solicitude das mesmas a través de Rexistro Electrónico ou presentando presencialmente a solicitude no Concello, ata o vindeiro Luns 30 de Setembro.

 

Aquí podedes descargar os documentos necesarios para a tramitación da axuda de 100 euros para adquisición de material escolar.