MENÚ
05/02/2024 Info

AXUDAS AO EMPRENDEMENTO – TR880A

Bo día,

O DOG de hoxe publica as bases destas axudas destinadas a traballadores/as autónomos/as e PEMES.

NON COMPETITIVA

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Dende o 12/02/2024 ao 28/06/2024 (ou esgotamento de crédito).

DOTACIÓN ORZAMENTARIA: 6,5M €

DESTINATARIOS/AS: persoas autónomas e PEMES (incluíndo cooperativas e S.L.), que se atopen de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 01/01/2022.

OBXECTO DA AXUDA: financiamento do investimento realizado e pagado entre o 30/09/2023 e a data de presentación da solicitude.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:

  • Equipamento informático.
  • Activos intanxibles: activos que non teñen unha materialización física ou financeira.
  • Investimentos en eficiencia enerxética.
  • Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
  • Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.
  • Gastos notariais e/ou rexistrais.
  • Gastos de alugamento de inmobles para a realización da actividade.
  • A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipo de 2ª man ten que cumplir unha serie de requisitos.

IMPORTES SUBVENCIONABLES:

  • investimentos de 5.000 € ou máis ata 10.000 € -> 60 % do investimento.
  • investimentos de 10.001 € ou máis ata 30.000 € -> 50 % do investimento.
  • investimentos de 30.001 € ou máis ata 50.000 € -> 40 % do investimento.
  • inversións de 50.001 € ou máis ata 100.000 € -> 30 % do investimento.

 

+ información: Servizo de Programas de Apoio ao Emprego da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Teléfonos: 881995972 / 881995973 / 881995974

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR880A