O DOG de hoxe publica as bases destas axudas destinadas ás comunidades de augas.
RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA (por orde de solicitude).
DOTACIÓN ORZAMENTARIA: 2M €.
A contía límite da axuda extraordinaria concedida será ata un máximo de 6.000 euros (ver art. 5 das bases reguladoras).
PERSOAS BENEFICIARIAS: Persoas emigrantes galegas retornadas que carezan dos recursos suficientes para facer fronte a gastos derivados do retorno a Galicia:
- As persoas galegas e nacidas en Galicia.
- Cónxuxes das persoas galegas e nacidas en Galicia.
- Descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.
REQUISITOS:
- Estar en posesión da nacionalidade española antes de retornar.
- Estar empadroado/a e ter residencia nun concello de Galicia.
- Ter residido no estranxeiro un mínimo de 2 anos inmediatamente anteriores á data do retorno a España.
- Que a data do retorno a España sexa a partir do 01/01/2022, incluído.
- Carecer de recursos económicos suficientes na unidade familiar.
- Carecer de patrimonio mobiliario suficiente na unidade familiar.