MENÚ
21/10/2026 Info

Concesión do distintivo «Bandeira Verde» ao Concello de Carballeda de Avia

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático autoriza ao Concello de Carballeda de Avia a utilizar o logotipo específico da bandeira durante un ano.

O outorgamento deste distintivo constituirá mérito tanto para os efectos da obtención de subvencións en materia de patrimonio natural como de axudas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal.

O Concello de Carballeda de Avia presenta un anexo III no que declara o cumprimento de 16 requisitos dos 44 propostos para a obtención do distintivo (5 na materia M1, 4 na materia M3, 6 na materia M5 e 1 na materia M6).

O concello presenta tamén un total de 15 fichas xustificativas (anexo IV) do cumprimento destes requisitos.

Logo de examinar a candidatura e avaliar a documentación achegada, o concello acredita o cumprimento dun mínimo de tres requisitos de tres materias diferentes das seis establecidas.

O día 21/10/2026 procederase á entrega deste distintivo, nun acto que se celebrará o mércores 21 de outubro, ás 13.00 horas, no pazo de Santa Cruz de Rivadulla (Vedra).