MENÚ
26/08/2026 Info

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2026/2027

Dende o Concello de Carballeda de Avia, sendo conscientes do gasto que supón o novo curso escolar para todas as familias, volvemos ofertar axudas para adquisición de material didáctico e escolar para os nenos e nenas do CEIP de Pena Corneira, do 2º Ciclo de Infantil (cursos que quedan fóra das axudas ofertadas pola Xunta de Galicia).

De tal xeito, os interesados poden facer a solicitude das mesmas a través de Rexistro Electrónico ou presentando presencialmente a solicitude no Concello, dende o MARTES 1 DE SETEMRBO AO 30 DE SETEMBRO.

Aquí podedes descargar os documentos necesarios para a tramitación da axuda de 100 euros para adquisición de material escolar.

Podes descargar AS BASES E OS ANEXOS PARA PRESENTAR  no seguinte enlace:

BASES REGULADORAS AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 26 27

ANEXO I SOLICITUDE AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

ANEXO II DECLARACIÓN RESPONSABLE AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

ANEXO III CONTA XUSTIFICATIVA AXUDAS MATERIAL ESCOLAR