MENÚ
09/06/2026 Info

CAMPAMENTO DE VERÁN SUMMERTIME 2026

🌞 SUMMERTIME 2026 – ESCOLA DE VERÁN 🌞

O Concello de Carballeda de Avia abre o prazo de inscrición para unha nova edición do Campamento de Verán Summertime 2026, unha proposta de lecer educativo e conciliación dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 14 anos.

📅 Datas:
Do 22 de xuño ao 8 de setembro de 2026.

📍 Lugar:
Pavillón e instalacións do CEIP Pena Corneira.

🕗 Servizos:
✅ Servizo de Madrugadores.
✅ Campamento de Verán.
✅ Actividades lúdicas e educativas.
✅ Obradoiros creativos.
✅ Xogos e actividades deportivas.
✅ Excursións e saídas programadas.
✅ Actividades acuáticas.
✅ Educación en valores e convivencia.

O programa está pensado para favorecer a conciliación das familias durante o período estival, ofrecendo aos participantes un espazo seguro, divertido e enriquecedor.

📄 As inscricións poden realizarse no Concello de Carballeda de Avia ATA O VENRES 26 DE XUÑO.

☎ Máis información: 988 48 70 00

Podes mandar a túa inscrición cuberta ao correo cimcarballeda@gmail.com

☀️ Un verán cheo de aprendizaxe, diversión e novas amizades agárdate en Summertime 2026!

 

Aquí podes descargar a túa inscrición e consultar as bases:

INSCRCIÓN CAMPAMENTO SUMMERTIME 2026

BASES FUNCIONAMIENTO CAMPAMENTO 2026 (1)