MENÚ
09/06/2026 Info

XUNTOS POLA RECICLAXE, XUNTOS POR UN CONCELLO MAIS SOSTIBLE

Xuntos pola reciclaxe, Xuntos  por un concello mais sostible.

Con motivo da celebración do día do medio ambiente, durante ésta semana leváronse a cabo distintas actividades orientadas á sensibilizacion ambiental e á mellora da xestión sostible dos residuos no noso concello.

Entre as actuacións realizadas, efectuouse a revisión dos composteiros individuais entregados  nos diferentes núcleos de poboación , co obxetivo de comprobar o seu correcto funcionamento , resolver dúbidas e reforzar as boas prácticas de compostaxe entre as persoas usuarias.

Así mesmo , o día 4 de xuño, desenvolveuse unha acción formativa sobre a xestión dos residuos municipais no pobo de Abelenda das Penas e Villar de Condes , na que se abordaron aspectos  relacionados coa separación en orixe, a reciclaxe e a importancia da colaboración cidadá para avanzar cara a un modelo mais sostible e respetuoso co medio ambiente.

Dende o Concello queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as veciñas e veciños que participaron nestas actividades. A súa implicación , compromiso e colaboración son fundamentais para acadar os obxetivos ambientais que compartimos como comunidade. Sen a participación activa da cidadanía , iniciativas como estas non serían posibles nin terían o mesmo impacto positivo.

Animámosvos a seguir colaborando e participando nas accións que se impulsen no futuro, por que o coidado do noso medio ambiente é unha responsabilidade compartida e unha tarefa na que cada pequeno xesto conta. MIL GRAZAS..