O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), publica no DOG de onte as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas de rehabilitación de vivendas no rural.
PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Dende o 21/01/2026 ao 01/09/2026.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:
Execución de obras de rehabilitación, terminación e/ou ampliación de vivendas así como as actuacións dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas para destinalos a vivenda.
Contía máxima: 75% do orzamento (límite máximo de 30.000€ por vivenda).
REQUISITOS:
- Só caberá presentar unha solicitude por persoa e ben. Cada solicitude poderá conter varias actuacións.
- A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretende realizar as actuacións.
- Todas as actuacións deberán contar coa comunicación previa ou licenza municipal, sen prexuízo dos informes ou autorizacións que sexan precisos.
+ INFORMACIÓN:
- Teléfonos:
- Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS): 988 386 268
- Concello de Carballeda de Avia: 988 487 000
- Email: [email protected]
- Sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento VI435E): (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI435E&ano=2026&numpub=1&lang=gl)
- Diario Oficial de Galicia (DOG): https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260113/AnuncioC3Q2-080126-0005_gl.pdf