O Concello de Carballeda de Avia, en colaboración co INEGA, ao abeiro da RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2024, susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN421S), resultou beneficiario de 2 axudas para a execución dos seguintes proxectos, coas contías que se indican:
* Concello e centro de día: realizouse unha instalación de paneis fotovoltaicos destinados a autoconsumo colectivo a través de rede, co obxectivo de autoabastecer eléctricamente parte do consumo, o que conleva unha diminución no consumo eléctrico procedente da rede de distribución eléctrica na zona. Importe da axuda concedida inicialmente: 41.803,08 €.
* Nave: o proxecto desenvolvido consiste nunha instalación fotovoltaica para autoconsumo colectivo, na modalidade de subministro con autoconsumo colectivo con excedentes, a través de rede, o que conleva unha diminución no consumo eléctrico procedente da rede de distribución eléctrica na zona e un aumento da cobertura de xeneración renovable. Importe da axuda concedida inicialmente: 50.000 €.
Con estas actuacións procedeuse a instalar sistemas complementarios á rede eléctrica convencional que ata o momento aportaba o subministro de enerxía a estas zonas, conlevando unha redución importante do consumo eléctrico.
Do mesmo xeito, estas aplicacións renovables conseguirán unha redución de emisións e una redución na facturación enerxética do propio Concello e da veciñanza destes emprazamentos.
A continuación pódense visualizar fotografías de parte dos equipos instalados: