No marco do convenio de colaboración asinado entre AGADER e este Concello desenvolvéronse as seguintes actuacións:
- Deseño e implementación de estratexias e plans integrados para o desenvolvemento e xestión do territorio rural que coordinen actuacións de diversa natureza e conten coa participacións dos axentes socioeconómicos públicos e privados, así como a promoción e xestión dos devanditos plans e programas de desenvolvemento.
- Deseño, programación e execución das medidas de recuperación e, en xeral, da xestión da terra agroforestal de Galicia a través dos instrumentos previstos na lei para tal fin.
- Articulación de proxectos de desenvolvemento rual con carácter piloto e innovador, dirixidos a reforzar a base produtiva das áreas rurais, valorizar os seus recursos e mellorar a calidade de vida dos seus habitantes.
- Promoción e fomento da cooperación entre axentes públicos e privados cuxas actuacións incidan directa ou indirectamente mo desenvolvemento das zonas rurais.
- Aplicación de outras medidas e actuacións que teñan por obxecto, en particular, e dinamización do tecido produtivo e a fixación da poboación nas áreas rurais, realizando as actuacións precisas para promover a igualdade efectiva de mulleres o homes.
Con este fin seleccionáronse catro aldeas modelo para o desenvolvemento dos primeiros plans de dinamización piloto. Estas aldeas forn seleccionadas por presentar diferentes características e distintas orientacións produtivas tanto para a terra agraria como para a posta en valor do ámbito edificado da aldea. O conxunto destes plans asentarán as bases para crear o primeiro «Living Lab» no ámbito do desenvolvemento rural en Galicia.
A aldea de Muimenta, en Carballeda de Avia, foi seleccionada porque albergará o primeiro Espazo agrario de experimentación segundo o regulado nos artigos 122-125 da Lei 11/2021. Asociado a este espazo, esta a desenvolver un plan de dinamización centrado na innovación social e no medio ambiente, a través do reacondicionamiento de vivendas.
En virtude do anterior, as actuacións necesarias para a posta en marcha de «Living Lab», a elaboración do Plan de dinamización do núcleo rural, a compra de terreos e execución de infraestructuras e a asesoría xurídica corren a conta do Concello de Carballeda de Avia, e subvencionadas mediante o presente convenio