🐎 Xa está aquí a Iª Ruta Cabalar Pena Corneira!
O vindeiro 5 de setembro, Carballeda de Avia acollerá a primeira edición da Ruta Cabalar Pena Corneira, unha xornada pensada para desfrutar do mundo do cabalo, da natureza e da boa compañía.
📍 Saída: Parque do Palomar de Carballeda de Avia
🕘 Hora: 09:00 h
🐴 Percorrido: 17 km
🥪 Durante a ruta realizarase unha parada para repoñer forzas cun bocadillo no campo de Villar de Condes, un momento perfecto para descansar e compartir experiencias entre os participantes antes de continuar o percorrido.
🍽️ Ás 14:00 horas celebrarase o xantar de convivencia, servido pola Pulpería A Morena, con:
• Empanada
• Pulpo
• Carne ó caldeiro
• Sobremesas
• Bebidas…
💶 Adultos: 35 €
👧 Nenos/as (5-12 anos): 17 €
👶 Menores de 5 anos: gratuíto
(ticket infantil dispoñible o mesmo día do evento).
Podes mercar o teu tiket para o xantar en:
*Ferretería do Puente ( Ribadavia) / *Bar Manuel Do Cruceiro (Carballeda de Avia)
*Bar Mosquera ( Carballeda de Avia) / *Bar Novo ( Abelenda, Carballeda de Avia)
*Bar Barqueiro ( Avión) / * Bar Jamaica ( Melón)
*Bar Castor ( A Cañiza, PO.) / *Bar Covelo ( Melón)
* Bar A Cova do Ferro ( Covelo, PO.)
* Concello de Carballeda de Avia (L-V, 9:00- 14:30hs)
Haberá música con grupo musical e DJ, e servicio de Bar.
📅 Reservas ata o 1 de setembro.
☎️ Información e inscricións:
📞 696 641 257
📞 666 969 208
🐎 Unha oportunidade para gozar dunha xornada diferente, compartir a paixón polos cabalos e vivir un día de convivencia nun ambiente inmellorable.
Se che gusta o mundo do cabalo, reserva xa esta data no calendario.
¡Agardámoste!
