MENÚ
29/09/2024 Info

PROGRAMA EMPODÉRATE: FÓRMATE NO RURAL

CO APOIO ECONÓMICO DA UNIÓN EUROPEA PARA A SÚA EXECUCIÓN

PROGRAMA EMPODÉRATE: FÓRMATE NO RURAL

Programa dirixido a promoción da igualdade de mulleres e homes, con actuacións positivas dirixidas ás mulleres do Concello de Carballeda de Avia.

Todas estas actividades enmarcadas neste prorgrama EMPODÉRATE: FÓRMATE NO RURAL están  FINANCIADAS POLA UNIÓN EUROPEA E POLA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE.

A implementación deste programa procuraba os seguintes obxectivos para as nosas mulleres:

  • Mellora da calidade de vida das participantes como obxectivo xeral.
  • Mellora do autocoñecemento, da identidade individual e de grupo, e da xestión e autorregulación emocional.
  • Mellora das capacidades físicas, que de xeito indirecto inciden nunha mellora do estado psíquico e emocional.
  • Dotar de novas aptitudes e habilidades para unha mellora na incorporación ao mercado laboral.
  • Ofrecer diversos obradoiros e cursos de formación que favoreza a creación e fortalecemento das redes socias das participantes.
  • Ofertar novas ferramentas formativas, creativas e de ocio que favorezan a mellora do seu autocoidado.
  • A realización de todos estes obradoiros da os pasos necesarios para o EMPODERAMENTO das mulleres, axudando por ende, a romper barreiras invisibles.

Como actividades podemos encontrar: Calceta e Ganchillo, Pintura,  Taller Inclusivo Musical, Restauración, Ximnasia e Mantemento, Pilates e formación dixital para todas as mulleres interesadas en beneficiarse deste programa.

Os resultados acadados da implantación deste programa de EMPODÉRATE: FORMATE DENDE O RURAL, foron os seguintes:

  • Unha alta porcetanxe de participación en tódalas las actividades ofertadas
  • Mellora da identidade persoal e autoestima, a través das activdades realizadas
  • Mellora de capacitación e habilidades impricadas en cada unha das actividades
  • Mellora da situación persoal, social e laboral de todas as mulleres participantes
  • Xeración de rede de apoio social e de lazos, fortalecendo así as relacións interpersoais e promovendo un mellor benestar emocional.