✨👑 Cabalgata de Reis 2025 en Carballeda de Avia 👑✨
O vindeiro 5 de xaneiro, ás 18:30 h, SS.MM. os Reis Magos chegarán ao noso concello para encher de ilusión as rúas de Carballeda de Avia.
📍 Saída: Biblioteca municipal (lugar de costume)
📍 Chegada: Edificio do Concello
Ao remate da cabalgata, os Reis Magos farán entrega de agasallos aos nenos e nenas censados/as no concello e ao alumnado do CEIP Pena Corneira.
🎁✨ Non faltedes a esta cita tan especial, chea de maxia, alegría e ilusión para toda a familia.
Agardámosvos! 🎄👑
