V Xuntanza “Idade de Ouro” – Carballeda de Avia
O Concello de Carballeda de Avia organiza a V edición da tradicional Xuntanza “Idade de Ouro”, dirixida a todas as persoas maiores de 65 anos empadroados no municipio.
📍 O encontro terá lugar no campo do Lodairo o domingo 21 de setembro.
⛪ Ás 13:00 horas celebrarase a misa e, a continuación, ás 14:00 horas, terá lugar a comida de confraternidade, servida por un catering.
A sobremesa estará amenizada por un grupo musical, para gozar dunha tarde de convivencia e bo ambiente.
As persoas interesadas poderán retirar o seu ticket no Concello ata o día 19 de setembro.
📞 Para máis información: 988 487 000