MENÚ
21/05/2024 Info

TALLER INFORMATIVO COMUNIDADE ENERXÉTICA DE CARBALLEDA DE AVIA

O vindeiro mércores 22 de maio, terá lugar ás 19:30 horas no salón de plenos do Concello un taller informativo para dar a coñecer a Comunidade Enerxética de Carballeda de Avia.

Neste taller comentaranse todos os aspectos relativos á Comunidade Enerxética: que son, quen se pode adherir e tamén se tramitará a adhesión a esta organización.

  • Qué é a CE Carballeda de Avia? É un proxecto impulsado polo Concello de Carballeda de Avia para afrontar a transición enerxética na localidade. Grazas a ela, a cidadanía beneficiarase das vantaxes do uso da enerxía solar producida no propio concello.
  • Quen se poderá adherir? Vivendas ou tendas situadas a menos de 2000 metros das instalacións de xeración de enerxía eléctrica.
  • Por que formar parte?
    • Non precisas facer ningunha inversión nin instalación na túa vivenda.
    • É unha alternativa enerxética que respecta o medio natural.
    • Aforrarás ata un 15 % na túa factura eléctrica.

Se queres comprobar a cobertura, podes premer no seguinte enlace: https://www.cels.depourense.gal/carballeda.html#proyecto