MENÚ
22/01/2026 Info

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DAS ACTIVIDADES ESCÉNICAS E MUSICAIS CON CARÁCTER PÚBLICO NA PROVINCIA DE OURENSE

O Concello promociona tres itinerarios con valor ecoturístico, etnográfico e arquitectónico

O BOP de hoxe publica as bases polas que comeza mañá o prazo de solicitudes desta subvención.

Para estas actuacións, a Deputación de Ourense destina un orzamento que ascende a 210.000 € (CONCORRENCIA NON COMPETITIVA -> a asignación das axudas vai por orde, polo queo momento en que se esgote xa non hai posibilidade de pedir máis actuacións).

– CONTÍA MÁXIMA DAS SUBVENCIÓNS:
O importe subvencionable será do 50% do custo total de cada actuación.
Os custos totais para cada unha das actuacións son os seguintes:
Bandas de música: 900 € por cada actuación. No caso das bandas de música integradas por 26 ou máis membros, engadiranse 25 € por cada integrante da banda participante na actuación que exceda de 25, ata o límite máximo de 50 membros.
– Grupos de gaitas: (ata 5 compoñentes): 300 €.
– Bandas de gaitas: (máis de 5 compoñentes): 300 € máis 25 € por cada compoñente que exceda de cinco, ata un tope de 25 membros.
– Charangas: Ata dez compoñentes: 500 €; máis de 10 compoñentes: 650 €.
– Orfeóns e corais: 650 €.
– «Rondallas» e tunas: 650 €.
– Grupos de rock, folk, jazz, pop e similares: 900 €.
– Grupos de danza folclórica: 600 €.
– Grupos de teatro, magos, pallasos e malabares: 600 €.
– Outros: 600 €.

– MEDIOS DE CONTACTO:
– Negociado de Concursos 988 317 562
– Negociado de Subvencións Nominativas 988 317 560
[email protected]

Enlace ás bases reguladoras: https://bop.depourense.es/portal/anuncio/349398