O Concello de Carballeda de Avia ven de rematar as obras para a execución do proxecto denominado «MELLORAS PARA A EFICIENCIA HIDRÁULICA E REDUCIÓN DE PERDAS DE AUGA NO ABASTECEMENTO DO CONCELLO DE CARBALLEDA DE AVIA», co obxecto de seleccionar e describir as actuacións que melloren a eficiencia hidráulica dos sistemas de abastecemento do Concello de Carballeda de Avia, así como axuden a reducir as perdas de auga no abastecemento, desenvolvendo o Plan de Acción recollido na Auditoría de Abastecemento do Concello, realizada no ano 2024.
Estas melloras foron posibles grazas á subvención concedida por AUGAS DE GALICIA, perante o procedemento AU301E, destinado a realizar actuacións para minimizar as perdas de auga en concellos.
O importe da subvención concedida ascendeu a un total de 37.958,19 €, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Concretamente, foron efectuadas as seguintes actuacións, incluidas no Plan de Acción aprobado no ano 2024 polo Excmo. Concello de Carballeda de Avia:
● Instalación de Contadores sectoriais, así como telecontrol do mesmo.
● Melloras nos depósitos.