MENÚ
09/12/2025 Info

SUBVENCIÓN COFINANCIADA POLO FONDO SOCIAL EUROPEO PLUS GALICIA 2021-2027

O Concello de Carballeda de Avia resultou beneficiario dunha subvención que permite a contratación temporal dun Técnico Forestal. A citada contratación foi subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, mediante resolución de data 29/10/2025, estando cofinanciada esta subvención polo Fondo Social Europeo Plus Galicia 2021 – 2027 nun 60%.

Esta iniciativa vai permitir desenvolver o proxecto «COLABORACIÓN NO DESENVOLVEMENTO E POSTA EN MARCHA DA ALDEA MODELO DE MUIMENTA».