MENÚ
23/06/2023 Info

REUNIÓN INFORMATIVA – ALDEA MODELO

Luis Milia Méndez, Alcalde-Presidente do Concello de Carballeda de Avia (Ourense),

FAI SABER:

Que o vindeiro domingo, día 25 de xuño de 2023 terá lugar unha reunión informativa para a veciñanza de Muimenta na que o propio Alcalde de Carballeda de Avia explicará os seguintes puntos relacionados coa aldea modelo:

  • Regularización das titularidades das parcelas situadas no perímetro da aldea modelo, seguindo os informes e traballos realizados polo equipo de topógrafos de TRAGSATEC.
  • Próximas inversións planificadas, en colaboración coa Xunta de Galicia: cociña e comedor comunitarios e plan de dinamización da aldea modelo.
  • Posta en marcha do espazo agrario de experimentación, recollido na Lei de recuperación da terra, que supón o primeiro destas características en Galicia.
  • Outros asuntos de interese para a veciñanza.

Esta reunión informativa terá lugar ás 11:30 horas na escola de Muimenta, situada na praza do pobo.

 

Carballeda de Avia,

 

O Alcalde-Presidente

Luis Milia Méndez

 

Enlace ao documento informativo: 20230623_Comunicación_BANDO REUNIÓN MUIMENTA