O alcalde de Carballeda de Avia, Luis Milia Méndez mantivo hai unas semanas unha reunión co Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela para tratar diversos temas relacionados co municipio e facer un punto de situación do mesmo, tales como a posta en valor do Monumento Natural de Pena Corneira, aspectos varios da Aldea Modelo de Muimenta e outras xestións que se están a realizar dende o Concello.
Este encontro resultou moi fructífero, chegando a acordos de relevancia que se irán executando nun futuro.