MENÚ
11/09/2024 Info

RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS DO CEIP PENA CORNEIRA

O CEIP Pena Corneira de Carballeda de Avia comeza este novo curso escolar cunha remodelada pista deportiva cuberta e un patio exterior cuberto de xogos para os máis cativos.

Aproveitando as vacacións de verán, o Concello de Carballeda de Avia, a través da Concellaría de Educación, realizou diversas obras de mellora e mantemento nas instalacións entre as que se inclúe o pintado da pista deportiva, que foi realizado por unha empresa especializada da  provincia. O colexio conta agora cunha mellorada pista deportiva na que se inclúen  dous campos de bádminton, un de baloncesto e futbito que, a súa vez, conta tamén con novas porterías. No outro patio exterior do colexio pintáronse diversos xogos para os mais cativos que inclúen un labirinto, un circuíto e tres en raia entre outros.

O concello  tamén ven de publicar as bases para que as nais e pais dos nenos e nenas  do 2º ciclo de infantil se poidan beneficiar dunha axuda de 100€ para a adquisición do material escolar que precisen e recordan que, como todos os anos, contarán tamén cos servicios de madrugadores dende as 8:00 para aqueles que precisen incorporarse a entrada o colexio antes da hora de entrada, e o Concilia dende a saída da xornada escolar ata as 20:00 horas, servicio que conta con apoio escolar individualizado e xogos dirixidos e didácticos. Destes servizos poderanse  beneficiar de forma totalmente gratuíta as familias dos nenos e nenas do centro que o precisen.

Todos estes esforzos económicos de melloras de instalacións educativas e de servizos dirixidos ás conciliacións sociais e laborais das familias pertencentes ao concello, pon de manifesto a aposta deste consistorio por unha mellora na calidade educativa, así como de recursos e servizos dirixidos a este colectivo, como un xeito, ademais, de atraer novo alumnado promovendo unha escola rural viva e de calidade.