MENÚ
12/06/2023 Info

REHABILITACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO E PARQUE INFANTIL

Grazas a unha axuda de 20.000 € procedentes da convocatoria de Axudas para a realización de accións destinadas á promoción de estilos de vida saudable a través da creación ou rehabilitación de entornos saudables no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (C18.I2), levouse a cabo a renovación de diversos elementos do parque que se atopa nas inmediacións da Casa do Concello.

Esta subvención foi concedida polo Ministerio de Sanidade, a través da Rede Española de Cidades Saudables, estando o proxecto financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

A aportación municipal ascende a 5.764,44 € para un total da inversión de 25.764,44 €.

A continuación móstranse imaxes deste proceso de renovación.