MENÚ
31/05/2023 Info

RECORDATORIO DAS OBRIGAS DOS PROPIETARIOS DE FINCAS EN MAL ESTADO NO PERÍMETRO DE VIVENDAS

O Concello de Carballeda de Avia informa:

Aos veciños/as que a Lei 3/2007 de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais de Galicia, e a Lei 7/2012 de Montes de Galicia establecen as obrigas das persoas físicas e xurídicas responsables das parcelas incluídas nas faixas secundarias de xestión de biomasa, con motivo da protección de núcleos habitados, e deberán cumprir coas obrigas de xestión do combustible vexetal (tala e roza), antes do 31 de Maio de cada ano, xestionando a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais ubicadas a menos de 400 metros do monte. Polo tanto, nos primeiros 50 metros non poderá haber maleza, piñeiros, eucaliptos, acacias ou matogueira. Nas vivendas illadas ou urbanizacións, as medicións realizaranse dende o límite da edificación.

No caso de incumprimento das obrigas sinaladas anteriormente, segundo o artigo 22 da Lei 3/2007, o concello de Carballeda de Avia procederá a notificar ás persoas responsables, advertindo da posibilidade de execución subsidiaria en caso de incumprimento e sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Enlace ao bando informativo: Bando Limpieza fincas prevención incendios_2023