MENÚ
18/12/2025 Info

Recoñecemento a Muimenta no certame de arquitectura «Gran de Area 2025»

Diversos medios de comunicación fanse eco do proxecto de RECONSTRUCIÓN DE EDIFICACIÓN PARA ALOXAMENTO PÚBLICO TEMPORAL levado a cabo en Muimenta e pilotado polo arquitecto PABLO LÓPEZ PROL.

O xurado valora unha intervención que supera a simple reposición do existente para dotar ao inmoble dun carácter propio, respectuoso co orixinal pero plenamente contemporáneo. A actuación mantén a volumetría e escala da edificación tradicional, ao tempo que introduce decisións propositivas na elección de materiais, acabados e organización espacial, que actualizan o conxunto sen desvirtuar a súa identidade. Destácase así mesmo a recuperación dunha edificación arruinada para destinala a aloxamento público temporal, como resposta directa á escaseza de vivenda no municipio e parte esencial do programa das Aldeas Modelo, contribuíndo á fixación de poboación e á revitalización do territorio. O xurado recoñece tamén ao Concello de Carballeda de Avia, cuxa iniciativa resulta determinante para facer posible unha actuación que exemplifica o papel da arquitectura na revitalización social do medio rural.

 

Fontes: