MENÚ
05/09/2024 Info

PROGRAMAS DE CONCILIACIÓN CURSO 2024/2025

Outro curso máis , conscientes da necesidade de conciliación das familias dos nenos e nenas do CEIP Pena Corneira, ofertamos os programas de Conciliación:

  • Concilia Madrugadores, de 8 a 10 horas, no comedor do CEIP Pena Corneira: Servizo de almorzo gratuito para os que o precisen, ou para aqueles que necesiten incorporarse a entrada ao colexio antes da hora de entrada.
  • Concilia Interxeracional, dende a saída do colexio ata ás 20.00 horas, no pavillón interior. Servizo que conta con apoio escolar individualizado para os nenos e nenas participantes, ademais da realización de xogos dirixidos e didácticos.

Ambois servizos precisan de inscrición previa, que podedes recoller e entregar no Concello de Carballeda de Avia, ata o Venres 27 de setembro.

Os dous servizos son GRATUITOS para todos os nenos e nenas inscritos, que sexan alumnos do CEIP Pena Corneira.

Se precisades de  máis información podedes chamar ao CIM de Carballeda de Avia, 988487000

NOTA: SE PRECISADES INCORPORARVOS A ALGÚN DO SERVIZO DENDE O MÉRCORES 11 DE SETEMBRO, CHAMADE AO 988487000 PARA INCORPORARVOS NO LISTADO CANTO ANTES.

Podedes descargar as inscricións e autorizacións no seguinte enlace:

AUTORIZACIÓN SERVICIOS DE CONCILIA 2022 2023 AUTORIZACIÓN SERVICIOS DE CONCILIA 202 2025