MENÚ
17/01/2023 Info

Programa de axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a particulares

No DOG de hoxe realízase a publicación das bases reguladoras que rexen as axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas.

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Dende o 18/01/2023 ao 17/02/2023.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:

  • Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.
  • Remate, renovación e/o substitución do acabamento exterior de cubertas.
  • Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.
  • Contía máxima: 70% do orzamento (límite máximo de 3.000€ por solicitante e ben).

REQUISITOS:

  • Só caberá presentar unha solicitude por persoa e ben. Cada solicitude poderá conter varias actuacións.
  • A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretende realizar as actuacións.
  • Todas as actuacións deberán contar coa comunicación previa ou licenza municipal, sen prexuízo dos informes ou autorizacións que sexan precisos.

Poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:

a) Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.

b) Remate, renovación e/o substitución do acabamento exterior de cubertas.

c) Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.

O prazo de presentación de solicutudes abrangue dende o 18/01/2023 ata o 17/02/2023.

+ INFORMACIÓN: