Infórmase que no DOG do día 15/06/2023 publicáronse estas axudas, coas seguintes características:
– Tipo de subvención: NON COMPETITIVA (concédense as axudas por orde de presentación de solicitudes, ata esgotarse o crédito).
– DOTACIÓN ORZAMENTARIA para 2023: 15.000.000 €
– ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES: aquelas nas que se acade unha mellora da eficiencia enerxética, con especial atención á envolvente térmica nos edificios de tipoloxía residencial colectiva.
– REQUISITOS:
- Reducir o consumo de enerxía primaria non renovable > 30 %.
- Reducir a demanda enerxética de calefacción e refrixeración > 35 % (para zonas climáticas D e E) ou > 25 % (para zona climática C).
- Cumplir coa normativa vixente e contar con autorización.
- Dispoñer de proxecto con libro do edificio e xestión de residuos.
- Os deseños dos edificios e a construción apoiarán a circularidade.
- Retirar do edificio os produtos de construcción que conteñan amianto.
- Contar cun certificado de eficiencia enerxética actual.
– IMPORTE SUBVENCIONABLE:
- aforro enerxético entre 30%-45% -> subvención máximo do 40% das actuacións (vivenda 6.300€ – local 56€ por m2).
- aforro enerxético entre 45%-60% -> subvención máximo do 65%das actuacións (vivenda 11.600€ – local 104€ m2).
- aforro enerxético > 60% -> subvención máximo do 80% das actuacións (vivenda 18.800€ – local 168€).
– PRAZO DE EXECUCIÓN: 26 meses dende a resolución de concesión.
Para máis información:
– Instituto Galego de Vivenda e Solo -> teléfono: 881 045 897.
– Concello de Carballeda de Avia -> teléfono 988 487 000 (falar co arquitecto ou con subvencións).
A continuación, poden visualizar un cadro resumo destas axudas:CADRO RESUMO