MENÚ
21/06/2023 Info

PROGRAMA DE AXUDA ÁS ACTUACIÓNS DE MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS

Infórmase que no DOG do día 15/06/2023 publicáronse estas axudas, coas seguintes características:

– Tipo de subvención: NON COMPETITIVA (concédense as axudas por orde de presentación de solicitudes, ata esgotarse o crédito).

– DOTACIÓN ORZAMENTARIA para 2023: 2.870.177 €

– ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES: as que se realicen en vivendas que constitúan o domicilio habitual (por exemplo, para mellora de eficiencia enerxética -> cambio de xanelas, mellora do illamento ou substitución de caldeira).

– REQUISITOS:
– Conseguir unha redución da demanda enerxética anual de calefacción e refrixeración > 7 %.
– Ou conseguir unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable > 30 %.
– Ou, en actuacións de modificación ou substitución de elementos construtivos da envolvente térmica, cumplir os valores límite de transmitancia térmica e permeabilidade ao aire da sección HE1.

ESTAS ACTUACIÓNS DEBEN TER UN CUSTE > 1.000 €.

– IMPORTE SUBVENCIONABLE: 40 % do custe da actuación (LÍMITE DE 3.000 €).

– PRAZO DE EXECUCIÓN: 12 meses dende a resolución de concesión.

SOAMENTE SE CONCEDE 1 AXUDA POR REFERENCIA CATASTRAL.

Para máis información:

– Instituto Galego de Vivenda e Solo -> teléfono: 881 045 897.

– Concello de Carballeda de Avia -> teléfono 988 487 000 (falar co arquitecto ou con subvencións).

A continuación, poden visualizar un cadro resumo destas axudas: CADRO RESUMO