O DOG de hoxe publica estas axudas concedidas pola Consellería de Política Social e Xuventude, que contan coas seguintes características:
– PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Dende o 05/07/2023 ao 15/09/2023.
– BENEFICIARIOS/AS: Pais/nais e titores/as de nenos/as de ata 12 anos, ou en acollemento familiar ou garda con fins adoptivos, que residan en Galicia.
– REQUISITOS:
- Que o/a neno/a sexa menor de 13 anos.
- Que os/as pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, familias monoparentais ou pais/nais con custodia non compartida estean traballando.
- En custodia compartida, este requisito entenderase no tempo en que se exerza e cada pai/nai deberá presentar unha solicitude.
– IMPORTE DA AXUDA:
- 500 € por familia no caso de contratación dunha persoa empregada do fogar ou servizos de atención á infancia a domicilio.
- 200 € por neno/a no caso de asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Xuventude ou campamentos ou outros recursos de conciliación organizados para a atención dos nenos/as nos períodos de vacacións escolares.
– MÁIS INFORMACIÓN:
- Teléfonos:
- Consellería de Política Social e Xuventude: 988 386 196
- Concello de Carballeda de Avia: 988 487 000
- https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS412A&ano=2023&numpub=1&lang=gl
- Bases reguladoras: DOG Núm. 126, do 04/07/2023: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230704/AnuncioG0657-230623-0001_gl.pdf