MENÚ
02/06/2025 Info

OUDS AXENDA 2030

EVENTO FINAL PROXECTO OUDS A2030. O presidente provincial, Luis Menor, participa no evento final do proxecto OUDS A2030- No Centro Cultural Marcos Valcárcel.

O Concello de Carballeda de Avia participou neste proxecto pioneiro, pilotado pola Deputación de Ourense e financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais cunha inversión de 183.172,46 €.

Formaron desta iniciativa un total de 27 concellos e serviu como escenario para sentar as bases das alianzas que permitan seguir avanzando nos ODS na provincia e, sobre todo no ámbito rural.

O programa evidenciou avances en materia de desenvolvemento sostible e na loita contra o cambio climático, ademáis dunha labor de divulgación que chegou a 18 centros escolares de infantil e primaria.