MENÚ
04/09/2024 Info

Obras de “MELLORA DE CAMIÑO ACCESO A VILAR DE CONDES”

Antes do verán, realizouse a actuación de mellora de camiño de acceso en Vilar de Condes.

Esta acción foi posible executala grazas á financiación recibida por AGADER, segundo os termos establecidos na RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023 para a concesión das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento MR701E).

A continuación móstranse diversas fotografías dos avances da obra.